Se ofreces ou buscas contidos culturais respectuosos cos dereitos de propiedade intelectual, non o dubides, este é o teu selo.
Podes obter o selo de Cultura en positivo chamando ao 917017108Salto de línea
¿Que é?
O selo de oferta legal de contidos dixitais Cultura en positivo é unha iniciativa do Ministerio de Cultura. Forma parte dun plan de comunicación integral cuxo obxectivo é fomentar a oferta legal de contidos dixitais.Salto de línea O selo é un distintivo gráfico que serve para identificar as empresas e entidades que, nos ámbitos da música, o cine, os libros, as artes plásticas e os videoxogos, ofrecen contidos dixitais respectuosos cos dereitos de propiedade intelectual. É, polo tanto, unha indicación que mostra como detrás dunha marca ou dun determinado produto existe un compromiso de respecto dos devanditos dereitos e da cadea industrial de traballo das organizacións que os sustentan. Ademais, o selo garante o acceso a contidos de calidade e a páxinas seguras.Salto de línea Con isto trátase, en primeiro lugar, de dar visibilidade á oferta legal existente, á vez que se recoñece o traballo das empresas e institucións que contribúen a ampliar a oferta legal en Internet. Ademais, coa adhesión de empresas e institucións a esta campaña perséguese que o sector dixital faga súa a mensaxe de que existe oferta legal e de calidade, para lograr unha maior difusión dos contidos ofrecidos e potenciar o obxectivo común de fomentar o respecto á propiedade intelectual no ámbito da Rede.
¿Quen pode adherirse?
Empresas, institucións, entidades públicas e privadas que ofrezan contidos dixitais a través da web e que respecten os dereitos de propiedade intelectual.
¿Que achega ás empresas ou institucións?
Aquelas empresas ou institucións que se adhiran ao selo de oferta legal terán un enlace directo dende o micrositio da campaña do Ministerio de Cultura á súa páxina web, o que supón un intercambio de enlaces (e, polo tanto, un aumento do tráfico de visitas) dende unha páxina institucional.
¿Que achega aos usuarios?
Aos usuarios ofrécelles garantías de que esas páxinas cumpren coas normas de propiedade intelectual e redistribúen os seus ingresos de acordo cos pactos acadados cos autores das obras. Así mesmo, asegúralles que se cumpren tamén os parámetros de seguridade e calidade, mellorando dese xeito a imaxe da marca da empresa ou institución correspondente.
¿Como obter o selo?
Abonda con dirixirse á Subdirección Xeral de Propiedade Intelectual (teléfono 91 701 71 08), unidade que administra o selo, para que esta, unha vez comprobado que os contidos que se ofrecen son legais, facilite o selo no formato que a empresa precise e inclúa no micrositio da campaña o enlace á empresa ou institución solicitante.
¿Como é o selo?
O selo Cultura en positivo é unha representación gráfica directa e funcional, que permite identificar de forma inmediata os contidos legais. É claro, efectivo e marcadamente visual, cun deseño creativo e contemporáneo que se pode reproducir doadamente.Salto de línea O selo ten un formato estándar e é capaz de adaptarse aos distintos medios de difusión aos que se incorpora. A Subdirección de Propiedade Intelectual facilitarao en diferentes formatos para simplificar o seu uso.